Non, pra min non sempre é inverno. Gústame este maio cheo de luz.
Deixovos O Maio de Curros Enriquez, dun lirismo cheo de forza:
Ahí ven o maio
de frores cuberto …
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! …Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros? …
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
E aquí cantado por Luis Emilio Batallhán
Me dan ganas de salir a esta noche estrellada, estirar mis brazos y bailar descalza sobre la hierba. Es la magia do Maio.
sal, sal, guapa, no te cortes lo más mínimo. Y Luego nos cuentas.
Besos, muchos besos
Sei que estades todos agachados!!!???
Haberá que tomar medidas máis drásticas! Bicos e apertas.
Bicos e apertas para todos. Volvo axiña, non vos preocupedes.